2016 - Dinnos: imposible. Respondemos: xa o estamos facendo. - Saltamos.net

From Domains, Publics and Access
Jump to navigation Jump to search
Screenshot-saltamos.net 2017-04-27 16-05-57.png

Text

Dinnos: compite, é a lóxica do mercado. Respondemos: cooperemos, funcionemos doutro xeito.

Dinnos: para que haxa orde ten que haber xerarquía. Respondemos: para que haxa orde ten que haber horizontalidade, boa coordinación e intelixencia colectiva.

Dinnos: quen paga ten acceso a todos os contidos. Respondemos: toda a información debe ser accesible sempre dende o primeiro momento. A túa capacidade económica non debe limitar o teu dereito á información.

Dinnos: é inevitable financiarse con publicidade de grandes empresas; se non, a información non é sostible. Respondemos: fagamos un medio de propiedade colectiva. A verdadeira independencia conséguese cando non dependes de grandes anunciantes, sobre todo se son multinacionais que vulneran dereitos humanos, económicos e sociais. Máis cedo que tarde acaban condicionando os teus contidos.

Dinnos: os contidos patrocinados axudan á viabilidade e non fan dano a ninguén. Respondemos: vender publicidade como información non é ético, distorsiona a idea de xornalismo e significa enganar á xente.

Dinnos: canto máis alto e especializado é o teu posto na xerarquía, máis salario, é lóxico. Respondemos: rompamos coa lóxica de que o reprodutivo e o produtivo son diferentes; de novo, horizontalidade e igualdade salarial; moitos traballos son precisos para que un medio de comunicación saia adiante; poñámolo ao mesmo nivel.

Dinnos: abarata custos como poidas. Respondemos: cremos que os custos non son só económicos, tamén ambientais e sociais. Economía social e solidaria, repartos en bicicleta e sostibilidade da vida no centro da nosa proposta.

Dinnos: a obxectividade e a profesionalidade van da man. Respondemos: a obxectividade non existe, o honesto é explicar dende que lugar escribes e miras a realidade. Non estamos nunha torre de marfil, queremos contribuír ao cambio social, á transformación da realidade con contidos de calidade.

Dinnos: imposible. Respondemos: xa o estamos facendo.

Saltamos. Eu tamén aposto por un medio de e para a xente.

File

File:Dinnos- imposible. Respondemos- xa o estamos facendo..pdf

Links

URL: https://saltamos.net/category/manifiesto/, https://saltamos.net/dinnos-imposible-respondemos-xa-o-estamos-facendo/

Wayback Machine: https://web.archive.org/web/20170426020957/https://saltamos.net/category/manifiesto/, http://web.archive.org/web/20170109200420/https://saltamos.net/dinnos-imposible-respondemos-xa-o-estamos-facendo/